domingo, 12 de diciembre de 2010

LIM DOS NOSOS NOMES

O noso nome é a palabra máis significativa para cada persoa, e para nen@. Na etapa de Educación Infantil o usamos para comezar o proceso de lectoescritura. Elaboramos lims coas fotos d@s nen@s de 4A, 4B, 5A, 5B e 5C das aulas de Esfarrapada. Podedes xogar a ordear as letras dos nosos nomes, a construir os puzzles das nosas caras e a xogar ó memory buscando parellas.

LIM DE 4A


LIM DE 4B


LIM DE 5A

LIM DE 5B



LIM DE 5C

jueves, 9 de diciembre de 2010

LIM DO CONTO "O APALPADOR"

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles agasallos aos nen@s. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están ben mantidos, e déixalles, ademáis dos xoguetes, unha presa de castañas. Neste Lim colaboraron @s nen@s de 5 anos das aulas de Esfarrapada que gravaron as súas voces coa gravadora. Dentro duns días imos preparar o mesmo conto pero coas súas voces, pra que sexan protagonistas deste mito galego tan especial.



Fixemos outro LIM do outro conto adicado o personaxe do Apalpador.
Gracias ó mestre de Arturo que fixo as fotiños do conto "Antón e o Apalpador"
Decidimos non incluir voces grabadas porque o conto gaña moito máis narrado ou dramatizado por cada mestre, xa que cada persoa conta unha historia de maneira irrepetible. Xa sabedes mestres e mestras, a contar historias en Nadal!

domingo, 5 de diciembre de 2010

LIM DAS LETRAS

Estamos aprendendo as letras do abecedario. Con este LIM podedes xogar coas letras e con palabras e así comezar o proceso de lectoescritura. Podemos xogar coas letras do abecedario galego e algunas do abecedario castelán, pra aprender as dúas linguas en igualdade.

sábado, 4 de diciembre de 2010

LIM DOS NÚMEROS

Os números nos encantan e queremos aprender a representalos, coñecer o seu nome e a aprender a relacionar cantidades cun número indicado. Aquí compartimos este LIM pra descubrir os números do 1-10.

LIM DA VENDIMA

@S nen@s da Aula de Esfarrapada 5A, 5B e 5C investigaron sobre as uvas e como podíamos facer zume de uva no cole. Coa axuda de algunhas familias buscaron información. Neste LIM podedes coñecer máis cousas sobre a vendima.

LIM DO MAGOSTO

No mes de Novembro celebramos a festa das castañas e aquí vos deixo este pequeno LIM pra revivir esta tradición galega.

viernes, 26 de noviembre de 2010

LIM DO SAMAÍN

No mes de outubro celebramos a festa do Samaín e creamos un pequeno libro pra xogar con imaxes terroríficas de algúns persoaxes de medo: pantasmas, esqueletes e bruxas.

LIM DOS ORNITORRINCOS

@S nen@s de 4A e 4B están investigando un animal moi peculiar que vive en Australia, ¿sabedes quen é? Si, si....é o ORNITORRINCO. Se queredes descubrir a este animaliño podedes xogar con este Libro Interactivo.

LIM DA RISA

@S nen@s da aula de Esfarrapada de 5A estiveron investigando sobre a risa e a figura dos paiasos. Investigaron sobre o famoso paiaso Charlie Rivel e construimos este LIM pra rir e disfrutar.

LIM DO MAR

@s nen@s das aulas de Esfarrapada 5A, 5B e 5C comezaron o curso investigando cousinhas sobre o mar e os animais mariños:peixes, moluscos e crustáceos. Compartimos con tódalas escolas este novo recurso.

LIMS DO CORPO

@s nen@s das aulas de Esfarrapada 5A, 5B e 5C están a investigar cousinhas sobre o noso corpo: os ósos, o aparato dixestivo, respiratorio e circulatorio entre outros. Queremos compartir con tódalas escolas. Espero que vos sexa útil.