jueves, 9 de diciembre de 2010

LIM DO CONTO "O APALPADOR"

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles agasallos aos nen@s. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están ben mantidos, e déixalles, ademáis dos xoguetes, unha presa de castañas. Neste Lim colaboraron @s nen@s de 5 anos das aulas de Esfarrapada que gravaron as súas voces coa gravadora. Dentro duns días imos preparar o mesmo conto pero coas súas voces, pra que sexan protagonistas deste mito galego tan especial.



Fixemos outro LIM do outro conto adicado o personaxe do Apalpador.
Gracias ó mestre de Arturo que fixo as fotiños do conto "Antón e o Apalpador"
Decidimos non incluir voces grabadas porque o conto gaña moito máis narrado ou dramatizado por cada mestre, xa que cada persoa conta unha historia de maneira irrepetible. Xa sabedes mestres e mestras, a contar historias en Nadal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario