miércoles, 13 de abril de 2011

OS PLANETAS

@S NEN@S DE 5B E 5C INVESTIGARON OS PLANETAS, O ESPAZO E O SISTEMA SOLAR. TRANSFORMÁMONOS EN ASTRONAUTAS E XOGAMOS E VIAXAMOS POLO ESPAZO INTERESTELAR CON ESTE NOVO LIM.

PIPA, A FADA DA HORTA

Comezan a florecer as hortas das nosas aulas. Todo grazas á axuda d@s nen@s e das mestras que poñen a ilusión constante cada día. Dende as aulas de Esfarrapada, quixemos elaborar un audio-conto interactivo con actividades no que poidan participar @s nen@s. Presentámovos a PIPA A FADA DA HORTA. Graciñas ó Equipo de Educación Ambiental, o Equipo de Tics e o Equipo de Normalización Lingüística dímoslle forma a esta fermosa fada que nos ensinará a coidar e mimar as nosas hortas.

sábado, 19 de febrero de 2011

LIM DA PREHISTORIA

@S nen@s de Esfarrapada 5A comezamos a investigar o inicio da escritura durante o 2º trimestres. Comezamos descubrindo como representaban o seu mundo na Prehistoria. A profe Sara axudounos a investigar ensinandonos na Pizarra Dixital con este LIM.

LIM DAS ÁRBORES

No primeiro trimestre comezamos a investigar as árbores nas aulas de Esfarrapada 5B e 5C e agora que imos a facer unha saída ó Monte Agoeiros (Barreiro)queremos compartir con tod@s vos o noso LIM sobre as árbores. Así poderedes descubrir as sementes que imos plantar e aprender sobre as árbores do noso contorno máis cercano.

martes, 15 de febrero de 2011

INVESTIGAMOS A AUGA

Nas aulas de Esfarrapada 5B e 5C estamos a investigar o ciclo da auga. Todo comezou coa pregunta que xurdiu nunha das nosas asambleas: ¿pódese beber a auga da choiva?
E comezamos a descubrir moitas cousas sobre o ciclo da auga e sobre os seus usos e beneficios. Tamén aprendemos que nas nosas mans está aforrala e coidala, xa que a auga é un ben escaso no noso planeta. Este é o noso xogo da auga, disfrutade!



A profe Pili tróuxonos un conto precioso titulado "El Hada Arco Iris" e gustounos tanto que decidimos gravar as nosas voces pra contarlle o conto os demáis nen@s do cole. Así podemos compartilo con tod@s vos.

O ENTROIDO GALEGO

Compañeiras e compañeiros, nais e pais, nenas e nenos! O Entroido está a piques de comezar!Na provincia de Ourense, tan cercana pra nós, xa comezou. Este ano ímonos disfrazar dos disfraces típicos galegos: peliqueiros, cigarróns, pantallas, mazcaras, boteiros e moitos máis. Se queredes investigar e aprender como é cada disfrace podedes xogar con este novo libro interactivo.