martes, 15 de febrero de 2011

INVESTIGAMOS A AUGA

Nas aulas de Esfarrapada 5B e 5C estamos a investigar o ciclo da auga. Todo comezou coa pregunta que xurdiu nunha das nosas asambleas: ¿pódese beber a auga da choiva?
E comezamos a descubrir moitas cousas sobre o ciclo da auga e sobre os seus usos e beneficios. Tamén aprendemos que nas nosas mans está aforrala e coidala, xa que a auga é un ben escaso no noso planeta. Este é o noso xogo da auga, disfrutade!



A profe Pili tróuxonos un conto precioso titulado "El Hada Arco Iris" e gustounos tanto que decidimos gravar as nosas voces pra contarlle o conto os demáis nen@s do cole. Así podemos compartilo con tod@s vos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario